miércoles, 23 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL 2020

Moi boas mouchanciños e mouchanciñas!

Déixovos por aquí as actuacións realizadas no festival virtual dende a área de EF.

Noraboa a todos e todas porque fixéstedelo fenomenal. 

Disfrutade dos vídeos e bo nadal! 

INFANTIL: 3 e 4 ANOS.



INFANTIL: 5 ANOS.




1º, 2º e 3º PRIMARIA



4º , 5º e 6º PRIMARIA





viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (1º, 2º e 3º)

Moi boas nenos e nenas!

Clicando sobre o vídeo podedes practicar a canción e a coreografía sobre a que imos elaborar o vídeoclip. Para uns artistas coma vós é pan comido. 

Tede coidado co ritmo porque é moi pegadizo. Unha vez que escoitedes esta canción non seredes capaces de quitala das vosas cabezas. 

A disfrutala!!!

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


miércoles, 21 de octubre de 2020

O PARKOUR

Moi boas rapazada! Aquí vos deixo algún dos vídeos que mostran e explican algúns dos trucos que realizamos estes días na escola. Botádelle un ollo para refrescar a memoria e ver outros trucos que imos a realizar na vindeira sesión. 

Recordade que o parkour é un deporte seguro, ao igual que calquera outro, sempre que respetemos e tomemos as medidas de seguridade necesarias. 

O importante é progresar pouco a pouco, sempre do fácil ao difícil e autosuperándonos. Moito ánimo!

 

 


martes, 30 de junio de 2020

Recomendacións Verán 2020

Para rematar este curso tan particular, déixovos unha mensaxe que gravei para os nenos e nenas de 3º, pero que fago extensible a todos os rapaces e rapazas da escola. 
Noraboa a todos polo voso esforzo.
Os mestres da escola botámosvos moito de menos. En setembro vémonos con máis gañas ca nunca. 
Unha aperta enorme mouchanciños/as.!!!

lunes, 29 de junio de 2020

Semana dos Retos Físicos

Como o prometido é deuda aquí vos deixo un vídeo que resume a vosa participación na semana dos retos. Moitos parabéns polo voso esforzo e a seguir manténdose activos durante as vacacións do verán.
 Espero que vos guste.

lunes, 22 de junio de 2020

GT: O baile dos animais de Laura

Moi boas nenos e nenas!
Gardado nun caixón tiña este vídeo que me enviou Laura de 3 anos fai moito tempo. Fostedes tantos os que participastedes no Got Talent que quedara agochado. Sería unha pena que os demais rapaces da escola quedaran sin ver esta marabilla.

jueves, 18 de junio de 2020

GT: Xogamos aos dardos con Antía

Antía de 6º, ensínanos como practicar un xogo de puntería: os dardos. É moi divertido e de paso mellorades a vosa coordinación óculo-manual. 
Moitas grazas por explicárnolo tan ben. 
👌👌👌

GT: A toda velocidade con David

Moi boas rapazada!
A pesares de que este curso está chegando ao seu fin, seguimos recibindo vídeos de actividades deportivas que estades a facer nas vosas casas. Hoxe, David de 1º móstranos a súa pericia aos mandos do seu kart -patinete. 
Estamos ante o próximo Carlos Sáinz? 
Atentos. Gracias David. 

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.

GT: Alba, a multideportista

Ola nenos e nenas!
Hoxe publicamos 2 vídeos onde Alba, da clase de 1º nos demostra a súa destreza á hora de manexar a bici e tamén a súa capacidade para encestar canastas. A seguir así pequecha!
👏👏👏


lunes, 15 de junio de 2020

GT: Aprendemos as partes do corpo con Ainhoa

Ola nenos e nenas do San Bartolomé. 
Hoxe expoñemos a coreografía de Ainhoa da clase de 3 anos que seguro que todos recoñecedes. 
Difrutádea porque é espectacular!!!
👏👏👏

martes, 9 de junio de 2020

GT: Adrián e Eloy

Hoxe a cousa vai sobre rodas! Estes irmáns forman parte do Club Ciclista Ribadumia e mostran as súas habilidades practicando mountain bike no circuíto no que habitualmente adestran. A verdade é que parece moi divertido. Graciñas pola achega rapaces e a seguir dando pedaladas!!!

lunes, 8 de junio de 2020

Retos Matemáticos (III)

Moi boa semana nenos e nenas! Como estades?
Xa só faltan 2 semanas para que remate este curso tan raro e excepcional. Así que imos a seguir repasando algunhas cousiñas que traballamos durante todo o curso. 
Como cada semana comezamos cos retos de activación. Moito ánimo. 💪

Tarefas Semanais

A primeira actividade que tedes que facer esta semana é esta ficha de repaso de operacións. 
Se o precisades, empregade un papel para reciclar para facer algunha contas "en sucio". 



A segunda proposta desta semana ten que ver coa viaxe que facemos habitualmente ao finalizar o curso. Lede moi ben e con calma toda a información e os datos proporcionados no cartaz que tedes a continuación e logo facede os cálculos necesarios para respostar ás preguntas que vos propoño. 
Estou impaciente por ver cal é a vosa elección!

jueves, 4 de junio de 2020

GT: Breixo, o judoka

Hoxe participa no Got Talent das Chans Breixo da clase de 2º, que nos vai facer unha exhibición dun dos deportes que practica. 


judo é unha arte marcial con orixe no Xapón.
Procedente do jiu-jitsu, é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis e nelas dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derrubar o opoñente mediante diversas técnicas, como chaves ou cambadelas. 
Os practicantes, chamados judokas, visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

A pesares de ser un deporte de agarre e contacto a deportividade entre os contrarios é un dos seus grandes valores. Grazas pola aportación Breixo. 👏👏

GT: Adestramos na cinta con Noa

Noa de 3º envíanos este vídeo no que nos mostra como adestrou durante o confinamento coa cinta de correr. Agora que o bo tempo chegou, di que prefire facer activades deportivas ao aire libre e que quizais empregue esta máquina nos días de choiva. Parécenos unha estupenda idea! 
A seguir facendo kilómetros!
👏👏👏

miércoles, 3 de junio de 2020

GT: O Pole Dance de Lucía

Lucía Varela de 4º, amósanos as súas habilidades realizando o deporte que practica habitualmente. 

O pole dance ou baile en barra é considerado unha arte escécnica que moitas escolas de ximnasia e danza ofertan hoxe en día, polo que esta actividade  está aumentando a súa popularidade.  

Un exemplo de baile en barra podémolo ver no Cirque du Soleil. Neste circo, os acróbatas realizan esta práctica que require de movementos que implican unha gran cantidade de forza e habilidade como nos demostra Lucía no vídeo que ides ver a continuación. Noraboa polo resultado!!!
👌👌👌

GT: Coreo en familia

Bo día talentosos e talentosas!!!
Hoxe participan no concurso Flavia de 5 anos, Manuel  de 4º e Eloy de 6º, que nos traen unha divertida coreografía feita en familia!!
Espectacular!!!

martes, 2 de junio de 2020

GT: Un porteiro na casa

Manuel de 4º envíanos este vídeo onde nos ensina tódolos seus recursos para manter o nivel baixo paus durante o confinamento. Adestramentos onde  a velocidade de reacción, a resistencia aeróbica, a coordinación e a fexibilidade están sempre presentes. Moi bo traballo porteirazo!!!
👌👌👌

GT: Piragüismo na casa

Hoxe as participantes no Got Talent  son Rita de 4º e Lucía de 2º, que nos mostran como adestran na casa a modalidade deportiva que practican: o piragüismo. As nosas amigas xa teñen moitas gañas de botar as súas canoas ao río, pero cando non poden deseñan circuítos coma o que podedes ver a continuación para non perder a forma. 
Moi bo adestramento rapazas!!! 
👏👏👏

lunes, 1 de junio de 2020

Retos Matemáticos (II)

Moi boas equipo de 3º!!!
Xa estamos no mes de xuño. 
Afrontamos a recta final do curso, así que imos a seguir repasando cousiñas que traballamos durante o mesmo. Comezamos cos retos de activación!
O reto 2 é o mesmo da semana pasada. 
Saltádeo e tratade de resolver os demais. 
Moito ánimo.

Tarefas Semanais: (I)

Comezamos repasando os 4 tipos de operacións traballadas durante o curso.

Continuamos co cálculo pero desta vez para pescudar que se agocha en cada un dos regalos. 

Repasamos agora algunhas unidades de medida. 
Que recordas? Que unidade de medida empregarías para medir a pista de baloncesto da escola
E un lapis? Utilizarías esas unidades de medida para medir a distancia de Tremoedo a Pontevedra?

 Recordas cantos metros (m) ten un kilómetro (km)? 
Completa a ficha establecendo a equivalencia correspondente.

Tarefas Semanais: (II)

Neste segundo bloque de actividades tedes que completar a serie e coloreala segundo se indica. 
Logo para que agudicedes a vista propóñovos unha sopa númerica, que esta igual de "rica" que a de letras pero esta é con números. 

Para finalizar déixovos un cadrado máxico e algúns retos para que razoedes coas vosas cabeciñas.
Non vos esquezades de axudar moito na casa e intentade facer actividades físicas tódolos días. 
Unha aperta enorme equipazo do profe Toño. 
💪💪💪

jueves, 28 de mayo de 2020

GT de refugallo: O ratiño de Diego

Hoxe, no Got Talent de Refugallos presentamos a creación de Diego de 1º. Neste caso, trátase dun divertido ratiño co que podedes crear e imaxinar fantáticas historias ou facer espectáculos de títeres. 
Déixovos no seguinte vídeo a explicación sobre a construcción do ratiño. Se queredes tamén podedes facer outros animais ou persoaxes. 
Moitísimas gracias pola túa aportación Diego. 
👏👏👏

GT: O reto da "Lambretta" de Brais

O futboleiro de Brais (5º) reta aos amigos e amigas e amigas do cole a realizar unha "Lambretta". 
Aínda que tamén sexa unha marca de motocicletas o que ides ver a continuación non ten nada que ver. 
Este  xesto técnico, rara vez empregado no fútbol, foi popularizado no seu día por Djalminha, xogador que militaba no Deportivo da Coruña arredor do ano 2000. Actualmente xogadores como Neymar empregan este recurso nalgunhas ocasións. 
Polo visto nas imaxes o noso amigo Brais non ten nada que envexar.
👌👌👌

martes, 26 de mayo de 2020

GT de Refugallo: A cometa de Aitana

Hoxe Aitana de 3º ensínanos como fabricar unha bonita cometa para empregar nestes marabillosos días de sol e algo de vento. Animádevos a facelas!!!

GT de Habilidades: As acrobacias de Celia

A amiga Celia de 5º participa no Got Talent cunha espectacular actuación de danza aérea. Contede a respiración e marabilládevos coas piruetas que realiza con tan só o seu corpo e un tea. 👏👏👏

GT de Habilidades: Mencía e Pepe

A última actuación de hoxe é a realizada por Mencía e Pepe de 1º, que nos envían un vídeo facendo o que máis lle gusta: saltar na cama elástica. 

As tres propostas de hoxe gardan relación co circo. Será que a temática do Entroido deste ano deixou pegada? De Tremoedo ao Circo do Sol só hai un treito!
💥💥💥

lunes, 25 de mayo de 2020

Retos de Activación Matemáticos (I)

Como estades equipo de 3º? 
Arrancamos esta estupenda semana de sol cos retos de activación. Aproveitade para facer as tarefas ben cedo para logo disfrutar destes marabillosos días paseando, xogando ao aire libre ou facendo algunha actividade deportiva. Moito ánimo.

Tarefas Semanais (I)

Esta semana imos a seguir repasando o cálculo e tamén tedes como tarefa repasar as táboas de multiplicar. Para elo podedes utilizar as apps que vos recomendei ou xogos interactivos que vos permitan seguir aprendéndoas e memorizándoas. 










Tarefas Semanais (II)

Como cada semana, nesta segunda entrada debedes realizar actividades nas que a lóxica e o razoamento son protagonistas. Estades preparados? 
Concentrados, listos....xa!!!!








Que teñades moi boa semana. 
Coma sempre, ante calquera dúbida contactade comigo. 
Unha aperta equipazo!

viernes, 22 de mayo de 2020

GT: Reto dos Globos de Breixo e Lucía

Breixo e Lucía comparten con nós un reto moi chulo e que podedes facer nas vosas casas. Consiste en recoller vasos sen as mans e só coa axuda dun globo. Quen o conseguirá antes? Fagan as súas apostas!

GT: Coreo de Carla, Nico e Lucía

Máis coreografías que nos seguen chegando. 
Neste caso a deseñada por Lucía, Nico e Carla
Non vola perdades porque é espectacular!!! 
Moitas grazas polo esforzo e noraboa polo resultado!

martes, 19 de mayo de 2020

Got Talent de Refugallo: A Serpe Multicolor de Saúl

Saúl de 2º ensínanos unha forma moi sinxela de convertir tapóns de plástico nun bonito xoguete. 
Graciñas pola achega Saúl.😎😎😎




Got Talent: Manuel: un acróbata en potencia

Os máis peques da escola tamén se animan a participar nesta especial edición do concurso de talentos. Neste caso, Manuel de 3 anos, móstranos a súa habilidade para trepar polas costas do seu pai. Parece ser que o desfile de entroido deste ano calou fondo neste cativo. Espectacular!!! 

Got Talent: Coreografía de Andrea

Hoxe no Got Talent das Chans, presentamos a Andrea de 6º que nos trae unha impresionante coreografía. Seredes capaces de aprendela? 
A mover o esqueleto!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

Retos de Activación (V)

Benvidos unha semana máis ao blog equipazo de 3º. 
Comezamos cos retos de activación mental. 

Tarefas Semanais: (I)

Aquí tedes as actividades para esta semana. Seguimos co repaso da división e o concepto de metade, un tercio e un cuarto. Xa veredes como isto xa o tedes supercontrolado. Moito ánimo rapaces!





Tarefas Semanais:(II)

Nesta entrada déixovos 2 sudokus e un misterio por resolver para que vos entreteñades e entrenedes un chisco esas cabeciñas. Espero que vos gusten. 






Unha aperta enorme e que teñades moi boa semana.
Profe Toño.

viernes, 15 de mayo de 2020

Got Talent Deportivo: Ciclismo




Iria Lusquiños de 4º,  envíanos estas fotos practicando ciclismo. Cóntanos que ata 20 kilómetros chegou a facer nestes días nos que xa podemos realizar deporte. A este ritmo igual a vemos na próxima Volta a España!!!


jueves, 14 de mayo de 2020

Got Talent: Reto da Pantufla

Como estades talentosos e talentosas?
Hoxe, Rita de 4º curso, tráenos un desafío co que quere retar aos nenos e nenas da escola. Require de moita paciencia e altas doses de equilibrio e flexibilidade.

Chámase o "Reto da Pantufla" e consiste en dar unha volta sobre un mesmo coa pantufla sobre a planta do pé sen que caia. 

Que vos parece?
Seredes capaces de conseguilo? 
Deixade abaixo os vosos comentarios. 

miércoles, 13 de mayo de 2020

Got Talent de Refugallo: O "Cazabolas" de Uxía


Comezamos coa difusión das fotos e vídeos que nos estades a enviar. Estou absolutamente desbordado tanto pola cantidade como pola calidade, inxenio e creatividade que demostrades. Espectaculares!!!

Uxía da clase de 3º, moi concienciada coa reciclaxe, ensínanos a súa habilidade xogando co cazabolas.

Como vedes é un xoguete moi doado de construír que mellora tanto a coordinación óculo manual como a velocidade de reacción. 

Moitas gracias pola achega Uxía.
😉😉😉

lunes, 11 de mayo de 2020

Retos de Activación (IV)

Moi boas rapazada!!!
Que tal a fin de semana? 
Espero que a aproveitarades para cargar ben as pilas e afrontar con enerxía a semana que entra. Comezamos cos retos semanais. 

A

Tarefas Semanais (I): Cáculo e resolución de problemas


Imos comezar repasando as divisións cunha cifra no divisor.

Intenta agora poñer en práctica o explicado no vídeo. Por suposto, si che resulta máis doado podes facelo escribindo a resta. En matemáticas "tódolos camiños levan a Roma". 


Agora pídoche por favor que axudes a Matías a recuperar as súas facturas. Antes de poñerte a facer cáculos, asegurate de ler varias veces cada unha das facturas para analizar como investigar eses números. 



Por último, quero que vos convirtades nuns expertos en voleibol. Para iso preciso que analicedes toda a información do cadro e logo respostedes a estas preguntas. Recoméndovos que contestedes a estas na libreta e se o necesitades fagades algúns cálculos nun papel "sucio" antes de dar as vosas respostas. 
Que vos parece se á volta implantamos este deporte nos recreos do cole? 



Coma sempre vos digo, se tedes calquera dúbida contactade comigo para aclarala. Moito ánimo rapaces.

Tarefas Semanais (II): Sudokus

Esta semana propóñovos como reto matemático a resolución de sudokus. Para os que non os coñezades ou non recordedes como se xoga, mirade con atención estes 2 vídeos que vos dan algunhas claves sobre como resolvelos. Se tedes dúbidas sempre podedes preguntarme a min ou as vosos pais e nais.

Vídeo - titorial Sudoku 4x4

Vídeo - titorial Sudoku 9x9

Agora tratade de resolver os que vos deixo comezando polos de 4 cifras, xa que son moito máis doados. Xa me contaredes se vos gustaron. Disfrutade moito da semana equipo de 3º, unha aperta enorme. 

miércoles, 6 de mayo de 2020

As Chans Got Talent

Como estades nenos e nenas de Tremoedo? 
Como sei que na escola se algo temos de sobra é moito talento, abro unha nova sección no blog na que necesito da vosa participación. 


Quen pode concursar? 
Tódolos nenos e nenas da escola. 

Como podo participar?
Enviando as fotos ou vídeos das vosas actuación ao whatsapp da escola: 
635 111 989.

As formas de facelo son variadas. 
Modalidades: 

1- Xogos con material de refugallo
Fotos e vídeos empregando xogos ou xoguetes creados por vos mesmos con materiais reciclados.

2- Vídeos nos que mostredes o voso talento 
- Bailando e/ou cantando.
- Realizando habilidades motrices como punterías, volteretas ou equilibrios. 
- Practicando xogos populares coma os bolos, trompos, zancos, canicas, etc.
- Practicando malabares, patinaxe, mountain bike, encestando ou calquera outra actividade relacionada coa educación física.

 3- Modalidade "Desafío". 
Consiste en que un neno ou nena da escola desafíe aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto que conseguiu facer. Seguro que nestes días vístedes moitísimos que podedes propoñer. 

Cando podo facer a miña actuación? 
Non hai prazo límite de entrega. Cada semana iranse publicando no  blog as actuacións que vaian chegando ata final de curso. 

Déixovos aquí os enlaces de publicacións anteriores para darvos algunhas ideas. 




Estade atentos a blog porque estes días irei colgando as propostas que vaian chegando
Animádevos a participar. 

Unha aperta enorme do profe Toño.  

lunes, 4 de mayo de 2020

Retos de Activación (III)

Benvidos ao blog unha semana máis. Agardo que aproveitarades a fin de semana para xogar, saír a pasear, montar en bicicleta, patinar ou facer algo de exercicio. Seguro que vos vai vir fenomenal para que os vosos cerebros traballen mellor si cabe. 

Con esta finalidade, comezamos a semana cos retos de activación mental. Moito ánimo equipo de 3º. 
💪

Tarefas Semanais: División (I)

Esta semana ímonos a centrar principalmente nas divisións. 

Se recordades, SUMAR era xuntar, RESTAR era quitar, MULTIPLICAR era sumar máis rápido e DIVIDIR non é máis que repartir en partes iguais.

Para refrescarvos a memoria, mirade con atención o seguinte vídeo e logo facede as tarefas que vos propoño. 


Sinxelo non si? Pois agora imos a practicar un chisco. 
Colle a libreta, pon a data e realiza os exercicios 1 e 2 da páxina 96. Non esquezas ler con calma o cadriño azul desta páxina que che dará  información importante sobre os términos da división. 

Tarefas Semanais: División (II)

Unha vez que fagades os exercicios e teñades moi claro os conceptos é hora de subir un chisco o nivel. Por iso, invítote a que vexas con moita atención este vídeo onde se explica como facer divisións paso a paso. Si é necesario, para o vídeo e volve a ver aquilo que non quedou de todo claro.

Unha vez feita a visualización, pon en practica estes pasos e trata de resolver estas fichas que che propoño. 



 Recorda que a clave está en saber moi ben as táboas de multiplicar, así que segue memorizando que isto está chupado!Por suposto, non fai falta dicir que podes contactar comigo as veces que o precises. 




Por último, déixovos algúns retos matemáticos para entrenar esas cabeciñas. 

Moito ánimo e unha moi aperta grande rapaces!


lunes, 27 de abril de 2020

Retos de Activación (II)

Moi boa semana rapaces!!!Que tal a finde? 
Espero que vos prestara poder saír a pasear ou xogar fóra da casa, aínda que só fose unha horiña.
Comezamos co reto semanal e logo déixovos as tarefas de mates. Non esquezades tampouco de enviar a vosa foto ou vídeo para participar na conmemoración dos Maios ao WhatsApp da escola: 635 111 989. 

Tarefas Semanais: I

Unha vez que realicedes os pequenos retos de activación mental, é hora de seguir practicando e repasando algúns contidos xa tratados na aula. 

* A 1ª proposta consiste en resolver estas sinxelas multiplicacións para investigar o nome destes paxaros. 

Moi doado, non si? 

* Pasamos agora á 2ª proposta.
Colle a libreta, pon a data e inventa 4 multiplicacións seguindo as indicacións:

-1 multiplicación na que un factor sexan centenas (456 por exemplo) e o outro factor decenas (26 por exemplo). 
456 X 26= 

1 multiplicación na que un factor conteña centenas e o outro factor unidades de millar. 

1 multiplicación na que un factor sexan decenas de millar e o outro factor decenas. 

- 1 multiplicación de un número de 4 cifras por outro de 3 cifras. 

Unha vez inventadas, colócaas, resólveas e pide axuda, si é necesario, para comprobar o resultado na calculadora (a do móbil tamén vale). 


* A 3ª proposta consiste en resolver quen foi o gañador dun torneo de fútbol sala celebrado nos recreos entre as clases de 3ºA e 3ºB. 


Recorda que para unha correcta resolución debes ler detidamente tódolos datos, analizar posibles respostas e logo poñerse mans á obra. 


Resolve todas estas cuestións na libreta

Moito ánimo e se tes dúbidas estou aquí para o que necesites. 
<

lunes, 20 de abril de 2020

Retos de Activación (I)

Moi boas nenos e nenas!
Esta semana comezamos cunha serie de pequenos e sinxelos retos para activar o voso  cerebro. 
Espero que vos axuden a arrancar con forza. 👌


Tarefas Semanais: I

Aquí tedes as tarefas de mate para esta semana. 
Coma sempre, pouquiño a pouco e intentando comprender e razoar todo o que facedes. 

Nesta primeira tarefa imos a medir a vosa velocidade calculando. Pon o crono a cero (ou pídello a un adulto) e unha vez que fagas as operacións colorea os minutos empregados na máquina correspondente.


Nesta tarefa terás que resolver o gañador ou gañadora nestes xogos de puntería. Calcula e adiviña quen é o vencedor. 


Por último, observa os datos desta gráfica de barras e resposta ás preguntas. Neste caso, emprega libreta para escribir as túas respostas e facer os teus cáculos. 


Moito ánimo equipo de 3º!!!

Tarefas Semanais: II

Despois de realizar as tarefas anteriores, anímovos a que resolvades estes retos. Para elo vai ser necesario saber sumar, restar, multiplicar e dividir. Espero que vos gusten. 


Clicade na imaxe da "T" para poder imprimir o puzzle en maior tamaño. 



miércoles, 15 de abril de 2020

Tarefas semanais: I

Moi boas rapaces e rapazas! Aquí tedes pequenas tarefas para esta semana. Son un repaso de conceptos que xa tedes dominados e son actividades autocorrixibles. 








Se non podedes imprimilas, podedes copialas na libreta ou nuha folla con cadriños máis grandes si vos é máis doado. Así que moito ánimo e a darlle duro. Calquera dúbida podedes escribirme nos comentarios. Un saúdo e boa semana. 

Tarefas semanais: II

No documento que tedes a continuación déixovos unha morea de problemas para resolver e que vós mesmos podedes corrixir. 
Pero tranquilidade, que imos a ir pouco a pouco. Están agrupados por dificultade progresiva (de verde a negro). Así que recoméndoche que comeces pola cor verde (clicando enriba dun número) e vaias subindo paseniñamente o nivel. Seredes capaces de resolvelos todos? 
Podedes deixar os vosos comentarios debaixo e así contádesme que vos pareceron. Un saúdo. 






martes, 14 de abril de 2020

Non vos rendades!

Como estades rapazada? 
Os mestres voltamos coas baterías cargadas para superar todo o que se nos poña por diante. 
Por iso, fixemos este vídeo para darvos folgos e para que sigades facendo as cousas igual de ben que ata  agora. Espero que vos guste. 

sábado, 4 de abril de 2020

Batería de xogos

Nesta entrada podedes acceder a unha morea de xogos que teñen cadanseu vídeo explicativo e non requiren de grandes materiais. Picade no enlace para acceder. Espero que vos gusten. Unha aperta.



viernes, 3 de abril de 2020

Merecido Descanso

Despois da tolemia dos últimos días onde todos e todas nos tivemos que reinventar, teremos uns días de "vacacións" para recargar as pilas e seguir adiante facendo fronte á pandemia. Por iso, vouvos a facer algunhas propostas, por se as queredes empregar coas vosas familias nestes días de "lecer". 

1- XOGO DA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA
O sistema de xogo é o habitual pero as probas para avanzar polo taboleiro teñen diferente dificultade. Atréveste a retar aos teus familiares?





2- XOGO DO CAZABOLAS
Neste xogo tedes que fabricarvos o voso propio "cazabolas". Como ides ver é algo moi sinxelo de facer e podedelo "tunear" ao voso gusto. No seguinte vídeo podedes ver cómo facelo e os diferentes retos propostos para mellorar a vosa coordinación óculo-manual.


3- AIR HOCKEY
Sinxelo e divertido xogo que podedes facer co  material que tedes na casa. Será útil que un dos laterais da noso particular pista de "hockey" sexa unha das paredes da habitación na que xoguedes. 



Agardo que os disfrutedes coa vosa familia e fagan estes días un pouco máis divertidos. Recórdovos tamén que nestes días podedes levar a cabo algunhas das actividades que vos deixei na entrada "EF na casa".
Unha aperta rapaces.
Profe Toño.



lunes, 30 de marzo de 2020

Tarefas semanais

Como estades queridos nenos e nenas? Eu moi ben, aproveitando para facer aquelas cousas para as que antes non tiña tanto tempo. Así que estou lendo moitos libros, fago bastante deporte cos materiais que teño pola casa e ata incluso estou tocando algún instrumento. Cando nos volvamos a ver, falarei coa profe Bego e faremos un gran concerto. 

Esta semana propóñovos tarefas nas que tedes que "darlle ao coco".  

1- Para a primeira delas ides a necesitar un metro ou cinta métrica, unha folla cuadriculada (o máis grande posible),  un lapis e unha goma. Botádelle un ollo a este vídeo que vos dará pistas sobre o que tedes que facer. 


Imos ir pouco a pouco, así que para comezar ides a representar na folla cuadriculada a vosa habitación tendo en conta as medidas das paredes, da cama, das mesiñas, do armario e dos obxectos que teñades nela. Para que esta representación sexa proporcional, tomade como referencia que cada cadriño son 10 centímetros (1 cadro=10cm).  

Vai ser importante que vaiades comprobando que as distancias entre obxectos son as que medistedes co metro e que fagades múltiplos do 10 constantemente. Por exemplo: se a cama mide 120 cm teredes que empregar 12 cadriños. 

Unha vez feito, podédelo decorar ao voso gusto ou animarse a representar outras estancias da casa. 

2- O segundo conxunto de tarefas teñen que ver con contidos xa tratados e coa resolución de problemas. Collede agora as libretas e facede os exercicios da Páxina 90 (Exercicios 8, 9 e 10) e os problemas da Páxina 93 (7, 8, 9, 10 e 11). Recorda ler con calma o problema, facer unha segunda lectura se non se entendeu ben e logo identificar os datos que necesitas para resolvelo. 

Non teñas presa, tes todo o tempo do mundo!!!

Moito ánimo e recorda que se tes dúbidas, estou aquí para resolvelas. 
Unha forte aperta! Toño.