Coma sempre, pouquiño a pouco e intentando comprender e razoar todo o que facedes.
Nesta primeira tarefa imos a medir a vosa velocidade calculando. Pon o crono a cero (ou pídello a un adulto) e unha vez que fagas as operacións colorea os minutos empregados na máquina correspondente.
Nesta tarefa terás que resolver o gañador ou gañadora nestes xogos de puntería. Calcula e adiviña quen é o vencedor.
Por último, observa os datos desta gráfica de barras e resposta ás preguntas. Neste caso, emprega libreta para escribir as túas respostas e facer os teus cáculos.
Moito ánimo equipo de 3º!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario