jueves, 28 de mayo de 2020

GT de refugallo: O ratiño de Diego

Hoxe, no Got Talent de Refugallos presentamos a creación de Diego de 1º. Neste caso, trátase dun divertido ratiño co que podedes crear e imaxinar fantáticas historias ou facer espectáculos de títeres. 
Déixovos no seguinte vídeo a explicación sobre a construcción do ratiño. Se queredes tamén podedes facer outros animais ou persoaxes. 
Moitísimas gracias pola túa aportación Diego. 
👏👏👏

GT: O reto da "Lambretta" de Brais

O futboleiro de Brais (5º) reta aos amigos e amigas e amigas do cole a realizar unha "Lambretta". 
Aínda que tamén sexa unha marca de motocicletas o que ides ver a continuación non ten nada que ver. 
Este  xesto técnico, rara vez empregado no fútbol, foi popularizado no seu día por Djalminha, xogador que militaba no Deportivo da Coruña arredor do ano 2000. Actualmente xogadores como Neymar empregan este recurso nalgunhas ocasións. 
Polo visto nas imaxes o noso amigo Brais non ten nada que envexar.
👌👌👌

martes, 26 de mayo de 2020

GT de Refugallo: A cometa de Aitana

Hoxe Aitana de 3º ensínanos como fabricar unha bonita cometa para empregar nestes marabillosos días de sol e algo de vento. Animádevos a facelas!!!

GT de Habilidades: As acrobacias de Celia

A amiga Celia de 5º participa no Got Talent cunha espectacular actuación de danza aérea. Contede a respiración e marabilládevos coas piruetas que realiza con tan só o seu corpo e un tea. 👏👏👏

GT de Habilidades: Mencía e Pepe

A última actuación de hoxe é a realizada por Mencía e Pepe de 1º, que nos envían un vídeo facendo o que máis lle gusta: saltar na cama elástica. 

As tres propostas de hoxe gardan relación co circo. Será que a temática do Entroido deste ano deixou pegada? De Tremoedo ao Circo do Sol só hai un treito!
💥💥💥

lunes, 25 de mayo de 2020

Retos de Activación Matemáticos (I)

Como estades equipo de 3º? 
Arrancamos esta estupenda semana de sol cos retos de activación. Aproveitade para facer as tarefas ben cedo para logo disfrutar destes marabillosos días paseando, xogando ao aire libre ou facendo algunha actividade deportiva. Moito ánimo.

Tarefas Semanais (I)

Esta semana imos a seguir repasando o cálculo e tamén tedes como tarefa repasar as táboas de multiplicar. Para elo podedes utilizar as apps que vos recomendei ou xogos interactivos que vos permitan seguir aprendéndoas e memorizándoas. 










Tarefas Semanais (II)

Como cada semana, nesta segunda entrada debedes realizar actividades nas que a lóxica e o razoamento son protagonistas. Estades preparados? 
Concentrados, listos....xa!!!!








Que teñades moi boa semana. 
Coma sempre, ante calquera dúbida contactade comigo. 
Unha aperta equipazo!

viernes, 22 de mayo de 2020

GT: Reto dos Globos de Breixo e Lucía

Breixo e Lucía comparten con nós un reto moi chulo e que podedes facer nas vosas casas. Consiste en recoller vasos sen as mans e só coa axuda dun globo. Quen o conseguirá antes? Fagan as súas apostas!

GT: Coreo de Carla, Nico e Lucía

Máis coreografías que nos seguen chegando. 
Neste caso a deseñada por Lucía, Nico e Carla
Non vola perdades porque é espectacular!!! 
Moitas grazas polo esforzo e noraboa polo resultado!

martes, 19 de mayo de 2020

Got Talent de Refugallo: A Serpe Multicolor de Saúl

Saúl de 2º ensínanos unha forma moi sinxela de convertir tapóns de plástico nun bonito xoguete. 
Graciñas pola achega Saúl.😎😎😎




Got Talent: Manuel: un acróbata en potencia

Os máis peques da escola tamén se animan a participar nesta especial edición do concurso de talentos. Neste caso, Manuel de 3 anos, móstranos a súa habilidade para trepar polas costas do seu pai. Parece ser que o desfile de entroido deste ano calou fondo neste cativo. Espectacular!!! 

Got Talent: Coreografía de Andrea

Hoxe no Got Talent das Chans, presentamos a Andrea de 6º que nos trae unha impresionante coreografía. Seredes capaces de aprendela? 
A mover o esqueleto!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

Retos de Activación (V)

Benvidos unha semana máis ao blog equipazo de 3º. 
Comezamos cos retos de activación mental. 

Tarefas Semanais: (I)

Aquí tedes as actividades para esta semana. Seguimos co repaso da división e o concepto de metade, un tercio e un cuarto. Xa veredes como isto xa o tedes supercontrolado. Moito ánimo rapaces!





Tarefas Semanais:(II)

Nesta entrada déixovos 2 sudokus e un misterio por resolver para que vos entreteñades e entrenedes un chisco esas cabeciñas. Espero que vos gusten. 






Unha aperta enorme e que teñades moi boa semana.
Profe Toño.

viernes, 15 de mayo de 2020

Got Talent Deportivo: Ciclismo




Iria Lusquiños de 4º,  envíanos estas fotos practicando ciclismo. Cóntanos que ata 20 kilómetros chegou a facer nestes días nos que xa podemos realizar deporte. A este ritmo igual a vemos na próxima Volta a España!!!


jueves, 14 de mayo de 2020

Got Talent: Reto da Pantufla

Como estades talentosos e talentosas?
Hoxe, Rita de 4º curso, tráenos un desafío co que quere retar aos nenos e nenas da escola. Require de moita paciencia e altas doses de equilibrio e flexibilidade.

Chámase o "Reto da Pantufla" e consiste en dar unha volta sobre un mesmo coa pantufla sobre a planta do pé sen que caia. 

Que vos parece?
Seredes capaces de conseguilo? 
Deixade abaixo os vosos comentarios. 

miércoles, 13 de mayo de 2020

Got Talent de Refugallo: O "Cazabolas" de Uxía


Comezamos coa difusión das fotos e vídeos que nos estades a enviar. Estou absolutamente desbordado tanto pola cantidade como pola calidade, inxenio e creatividade que demostrades. Espectaculares!!!

Uxía da clase de 3º, moi concienciada coa reciclaxe, ensínanos a súa habilidade xogando co cazabolas.

Como vedes é un xoguete moi doado de construír que mellora tanto a coordinación óculo manual como a velocidade de reacción. 

Moitas gracias pola achega Uxía.
😉😉😉

lunes, 11 de mayo de 2020

Retos de Activación (IV)

Moi boas rapazada!!!
Que tal a fin de semana? 
Espero que a aproveitarades para cargar ben as pilas e afrontar con enerxía a semana que entra. Comezamos cos retos semanais. 

A

Tarefas Semanais (I): Cáculo e resolución de problemas


Imos comezar repasando as divisións cunha cifra no divisor.

Intenta agora poñer en práctica o explicado no vídeo. Por suposto, si che resulta máis doado podes facelo escribindo a resta. En matemáticas "tódolos camiños levan a Roma". 


Agora pídoche por favor que axudes a Matías a recuperar as súas facturas. Antes de poñerte a facer cáculos, asegurate de ler varias veces cada unha das facturas para analizar como investigar eses números. 



Por último, quero que vos convirtades nuns expertos en voleibol. Para iso preciso que analicedes toda a información do cadro e logo respostedes a estas preguntas. Recoméndovos que contestedes a estas na libreta e se o necesitades fagades algúns cálculos nun papel "sucio" antes de dar as vosas respostas. 
Que vos parece se á volta implantamos este deporte nos recreos do cole? 



Coma sempre vos digo, se tedes calquera dúbida contactade comigo para aclarala. Moito ánimo rapaces.

Tarefas Semanais (II): Sudokus

Esta semana propóñovos como reto matemático a resolución de sudokus. Para os que non os coñezades ou non recordedes como se xoga, mirade con atención estes 2 vídeos que vos dan algunhas claves sobre como resolvelos. Se tedes dúbidas sempre podedes preguntarme a min ou as vosos pais e nais.

Vídeo - titorial Sudoku 4x4

Vídeo - titorial Sudoku 9x9

Agora tratade de resolver os que vos deixo comezando polos de 4 cifras, xa que son moito máis doados. Xa me contaredes se vos gustaron. Disfrutade moito da semana equipo de 3º, unha aperta enorme. 

miércoles, 6 de mayo de 2020

As Chans Got Talent

Como estades nenos e nenas de Tremoedo? 
Como sei que na escola se algo temos de sobra é moito talento, abro unha nova sección no blog na que necesito da vosa participación. 


Quen pode concursar? 
Tódolos nenos e nenas da escola. 

Como podo participar?
Enviando as fotos ou vídeos das vosas actuación ao whatsapp da escola: 
635 111 989.

As formas de facelo son variadas. 
Modalidades: 

1- Xogos con material de refugallo
Fotos e vídeos empregando xogos ou xoguetes creados por vos mesmos con materiais reciclados.

2- Vídeos nos que mostredes o voso talento 
- Bailando e/ou cantando.
- Realizando habilidades motrices como punterías, volteretas ou equilibrios. 
- Practicando xogos populares coma os bolos, trompos, zancos, canicas, etc.
- Practicando malabares, patinaxe, mountain bike, encestando ou calquera outra actividade relacionada coa educación física.

 3- Modalidade "Desafío". 
Consiste en que un neno ou nena da escola desafíe aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto que conseguiu facer. Seguro que nestes días vístedes moitísimos que podedes propoñer. 

Cando podo facer a miña actuación? 
Non hai prazo límite de entrega. Cada semana iranse publicando no  blog as actuacións que vaian chegando ata final de curso. 

Déixovos aquí os enlaces de publicacións anteriores para darvos algunhas ideas. 




Estade atentos a blog porque estes días irei colgando as propostas que vaian chegando
Animádevos a participar. 

Unha aperta enorme do profe Toño.  

lunes, 4 de mayo de 2020

Retos de Activación (III)

Benvidos ao blog unha semana máis. Agardo que aproveitarades a fin de semana para xogar, saír a pasear, montar en bicicleta, patinar ou facer algo de exercicio. Seguro que vos vai vir fenomenal para que os vosos cerebros traballen mellor si cabe. 

Con esta finalidade, comezamos a semana cos retos de activación mental. Moito ánimo equipo de 3º. 
💪

Tarefas Semanais: División (I)

Esta semana ímonos a centrar principalmente nas divisións. 

Se recordades, SUMAR era xuntar, RESTAR era quitar, MULTIPLICAR era sumar máis rápido e DIVIDIR non é máis que repartir en partes iguais.

Para refrescarvos a memoria, mirade con atención o seguinte vídeo e logo facede as tarefas que vos propoño. 


Sinxelo non si? Pois agora imos a practicar un chisco. 
Colle a libreta, pon a data e realiza os exercicios 1 e 2 da páxina 96. Non esquezas ler con calma o cadriño azul desta páxina que che dará  información importante sobre os términos da división. 

Tarefas Semanais: División (II)

Unha vez que fagades os exercicios e teñades moi claro os conceptos é hora de subir un chisco o nivel. Por iso, invítote a que vexas con moita atención este vídeo onde se explica como facer divisións paso a paso. Si é necesario, para o vídeo e volve a ver aquilo que non quedou de todo claro.

Unha vez feita a visualización, pon en practica estes pasos e trata de resolver estas fichas que che propoño. 



 Recorda que a clave está en saber moi ben as táboas de multiplicar, así que segue memorizando que isto está chupado!Por suposto, non fai falta dicir que podes contactar comigo as veces que o precises. 




Por último, déixovos algúns retos matemáticos para entrenar esas cabeciñas. 

Moito ánimo e unha moi aperta grande rapaces!