miércoles, 6 de mayo de 2020

As Chans Got Talent

Como estades nenos e nenas de Tremoedo? 
Como sei que na escola se algo temos de sobra é moito talento, abro unha nova sección no blog na que necesito da vosa participación. 


Quen pode concursar? 
Tódolos nenos e nenas da escola. 

Como podo participar?
Enviando as fotos ou vídeos das vosas actuación ao whatsapp da escola: 
635 111 989.

As formas de facelo son variadas. 
Modalidades: 

1- Xogos con material de refugallo
Fotos e vídeos empregando xogos ou xoguetes creados por vos mesmos con materiais reciclados.

2- Vídeos nos que mostredes o voso talento 
- Bailando e/ou cantando.
- Realizando habilidades motrices como punterías, volteretas ou equilibrios. 
- Practicando xogos populares coma os bolos, trompos, zancos, canicas, etc.
- Practicando malabares, patinaxe, mountain bike, encestando ou calquera outra actividade relacionada coa educación física.

 3- Modalidade "Desafío". 
Consiste en que un neno ou nena da escola desafíe aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto que conseguiu facer. Seguro que nestes días vístedes moitísimos que podedes propoñer. 

Cando podo facer a miña actuación? 
Non hai prazo límite de entrega. Cada semana iranse publicando no  blog as actuacións que vaian chegando ata final de curso. 

Déixovos aquí os enlaces de publicacións anteriores para darvos algunhas ideas. 




Estade atentos a blog porque estes días irei colgando as propostas que vaian chegando
Animádevos a participar. 

Unha aperta enorme do profe Toño.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario