jueves, 19 de septiembre de 2019

Comezamos un novo curso!


Despois dun verán cargado de actividades, aventuras e emocións vividas, voltamos ás aulas. Dende este blogue queremos dar a benvida aos novos compañeiros e compañeiras da escola e despedimos aos nosos queridísimos rapaces e rapazas de 6º, que tras moito tempo entre nós, dan o salto á educación secundaria. Moita sorte.

lunes, 2 de septiembre de 2019

Preparados, listos, xa!

Este recuncho foi creado para promover a actividade física. 

Coas vosas aportacións e coas das vosas familias iremos construíndo xuntos os alicerces dunha vida sá e saudable. Agora só queda ir enchendo este espazo con actividades, así que non dubidedes en participar!!!


Lémonos pronto!
Un saúdo.