Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de junio de 2020

Recomendacións Verán 2020

Para rematar este curso tan particular, déixovos unha mensaxe que gravei para os nenos e nenas de 3º, pero que fago extensible a todos os rapaces e rapazas da escola. 
Noraboa a todos polo voso esforzo.
Os mestres da escola botámosvos moito de menos. En setembro vémonos con máis gañas ca nunca. 
Unha aperta enorme mouchanciños/as.!!!

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.

lunes, 8 de junio de 2020

Retos Matemáticos (III)

Moi boa semana nenos e nenas! Como estades?
Xa só faltan 2 semanas para que remate este curso tan raro e excepcional. Así que imos a seguir repasando algunhas cousiñas que traballamos durante todo o curso. 
Como cada semana comezamos cos retos de activación. Moito ánimo. 💪

Tarefas Semanais

A primeira actividade que tedes que facer esta semana é esta ficha de repaso de operacións. 
Se o precisades, empregade un papel para reciclar para facer algunha contas "en sucio". 



A segunda proposta desta semana ten que ver coa viaxe que facemos habitualmente ao finalizar o curso. Lede moi ben e con calma toda a información e os datos proporcionados no cartaz que tedes a continuación e logo facede os cálculos necesarios para respostar ás preguntas que vos propoño. 
Estou impaciente por ver cal é a vosa elección!

lunes, 1 de junio de 2020

Retos Matemáticos (II)

Moi boas equipo de 3º!!!
Xa estamos no mes de xuño. 
Afrontamos a recta final do curso, así que imos a seguir repasando cousiñas que traballamos durante o mesmo. Comezamos cos retos de activación!
O reto 2 é o mesmo da semana pasada. 
Saltádeo e tratade de resolver os demais. 
Moito ánimo.

Tarefas Semanais: (I)

Comezamos repasando os 4 tipos de operacións traballadas durante o curso.

Continuamos co cálculo pero desta vez para pescudar que se agocha en cada un dos regalos. 

Repasamos agora algunhas unidades de medida. 
Que recordas? Que unidade de medida empregarías para medir a pista de baloncesto da escola? 
E un lapis? Utilizarías esas unidades de medida para medir a distancia de Tremoedo a Pontevedra?

 Recordas cantos metros (m) ten un kilómetro (km)? 
Completa a ficha establecendo a equivalencia correspondente.

Tarefas Semanais: (II)

Neste segundo bloque de actividades tedes que completar a serie e coloreala segundo se indica. 
Logo para que agudicedes a vista propóñovos unha sopa númerica, que esta igual de "rica" que a de letras pero esta é con números. 

Para finalizar déixovos un cadrado máxico e algúns retos para que razoedes coas vosas cabeciñas.
Non vos esquezades de axudar moito na casa e intentade facer actividades físicas tódolos días. 
Unha aperta enorme equipazo do profe Toño. 
💪💪💪

lunes, 25 de mayo de 2020

Retos de Activación Matemáticos (I)

Como estades equipo de 3º? 
Arrancamos esta estupenda semana de sol cos retos de activación. Aproveitade para facer as tarefas ben cedo para logo disfrutar destes marabillosos días paseando, xogando ao aire libre ou facendo algunha actividade deportiva. Moito ánimo.

Tarefas Semanais (I)

Esta semana imos a seguir repasando o cálculo e tamén tedes como tarefa repasar as táboas de multiplicar. Para elo podedes utilizar as apps que vos recomendei ou xogos interactivos que vos permitan seguir aprendéndoas e memorizándoas. 










Tarefas Semanais (II)

Como cada semana, nesta segunda entrada debedes realizar actividades nas que a lóxica e o razoamento son protagonistas. Estades preparados? 
Concentrados, listos....xa!!!!








Que teñades moi boa semana. 
Coma sempre, ante calquera dúbida contactade comigo. 
Unha aperta equipazo!

lunes, 18 de mayo de 2020

Retos de Activación (V)

Benvidos unha semana máis ao blog equipazo de 3º. 
Comezamos cos retos de activación mental. 

Tarefas Semanais: (I)

Aquí tedes as actividades para esta semana. Seguimos co repaso da división e o concepto de metade, un tercio e un cuarto. Xa veredes como isto xa o tedes supercontrolado. Moito ánimo rapaces!





Tarefas Semanais:(II)

Nesta entrada déixovos 2 sudokus e un misterio por resolver para que vos entreteñades e entrenedes un chisco esas cabeciñas. Espero que vos gusten. 






Unha aperta enorme e que teñades moi boa semana.
Profe Toño.

lunes, 11 de mayo de 2020

Retos de Activación (IV)

Moi boas rapazada!!!
Que tal a fin de semana? 
Espero que a aproveitarades para cargar ben as pilas e afrontar con enerxía a semana que entra. Comezamos cos retos semanais. 

A

Tarefas Semanais (I): Cáculo e resolución de problemas


Imos comezar repasando as divisións cunha cifra no divisor.

Intenta agora poñer en práctica o explicado no vídeo. Por suposto, si che resulta máis doado podes facelo escribindo a resta. En matemáticas "tódolos camiños levan a Roma". 


Agora pídoche por favor que axudes a Matías a recuperar as súas facturas. Antes de poñerte a facer cáculos, asegurate de ler varias veces cada unha das facturas para analizar como investigar eses números. 



Por último, quero que vos convirtades nuns expertos en voleibol. Para iso preciso que analicedes toda a información do cadro e logo respostedes a estas preguntas. Recoméndovos que contestedes a estas na libreta e se o necesitades fagades algúns cálculos nun papel "sucio" antes de dar as vosas respostas. 
Que vos parece se á volta implantamos este deporte nos recreos do cole? 



Coma sempre vos digo, se tedes calquera dúbida contactade comigo para aclarala. Moito ánimo rapaces.

Tarefas Semanais (II): Sudokus

Esta semana propóñovos como reto matemático a resolución de sudokus. Para os que non os coñezades ou non recordedes como se xoga, mirade con atención estes 2 vídeos que vos dan algunhas claves sobre como resolvelos. Se tedes dúbidas sempre podedes preguntarme a min ou as vosos pais e nais.

Vídeo - titorial Sudoku 4x4

Vídeo - titorial Sudoku 9x9

Agora tratade de resolver os que vos deixo comezando polos de 4 cifras, xa que son moito máis doados. Xa me contaredes se vos gustaron. Disfrutade moito da semana equipo de 3º, unha aperta enorme. 

lunes, 4 de mayo de 2020

Retos de Activación (III)

Benvidos ao blog unha semana máis. Agardo que aproveitarades a fin de semana para xogar, saír a pasear, montar en bicicleta, patinar ou facer algo de exercicio. Seguro que vos vai vir fenomenal para que os vosos cerebros traballen mellor si cabe. 

Con esta finalidade, comezamos a semana cos retos de activación mental. Moito ánimo equipo de 3º. 
💪

Tarefas Semanais: División (I)

Esta semana ímonos a centrar principalmente nas divisións. 

Se recordades, SUMAR era xuntar, RESTAR era quitar, MULTIPLICAR era sumar máis rápido e DIVIDIR non é máis que repartir en partes iguais.

Para refrescarvos a memoria, mirade con atención o seguinte vídeo e logo facede as tarefas que vos propoño. 


Sinxelo non si? Pois agora imos a practicar un chisco. 
Colle a libreta, pon a data e realiza os exercicios 1 e 2 da páxina 96. Non esquezas ler con calma o cadriño azul desta páxina que che dará  información importante sobre os términos da división. 

Tarefas Semanais: División (II)

Unha vez que fagades os exercicios e teñades moi claro os conceptos é hora de subir un chisco o nivel. Por iso, invítote a que vexas con moita atención este vídeo onde se explica como facer divisións paso a paso. Si é necesario, para o vídeo e volve a ver aquilo que non quedou de todo claro.

Unha vez feita a visualización, pon en practica estes pasos e trata de resolver estas fichas que che propoño. 



 Recorda que a clave está en saber moi ben as táboas de multiplicar, así que segue memorizando que isto está chupado!Por suposto, non fai falta dicir que podes contactar comigo as veces que o precises. 




Por último, déixovos algúns retos matemáticos para entrenar esas cabeciñas. 

Moito ánimo e unha moi aperta grande rapaces!


lunes, 27 de abril de 2020

Retos de Activación (II)

Moi boa semana rapaces!!!Que tal a finde? 
Espero que vos prestara poder saír a pasear ou xogar fóra da casa, aínda que só fose unha horiña.
Comezamos co reto semanal e logo déixovos as tarefas de mates. Non esquezades tampouco de enviar a vosa foto ou vídeo para participar na conmemoración dos Maios ao WhatsApp da escola: 635 111 989.