Como o prometido é deuda aquí vos deixo un vídeo que resume a vosa participación na semana dos retos. Moitos parabéns polo voso esforzo e a seguir manténdose activos durante as vacacións do verán.
Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.
Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas.
Os máis peques da escola tamén se animan a participar nesta especial edición do concurso de talentos. Neste caso, Manuel de 3 anos, móstranos a súa habilidade para trepar polas costas do seu pai. Parece ser que o desfile de entroido deste ano calou fondo neste cativo. Espectacular!!!
Hoxe, Rita de 4º curso, tráenos un desafío co que quere retar aos nenos e nenas da escola. Require de moita paciencia e altas doses de equilibrio e flexibilidade.
Chámase o "Reto da Pantufla" e consiste en dar unha volta sobre un mesmo coa pantufla sobre a planta do pé sen que caia.