Mostrando entradas con la etiqueta Habilidades Motrices. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Habilidades Motrices. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


lunes, 22 de junio de 2020

GT: O baile dos animais de Laura

Moi boas nenos e nenas!
Gardado nun caixón tiña este vídeo que me enviou Laura de 3 anos fai moito tempo. Fostedes tantos os que participastedes no Got Talent que quedara agochado. Sería unha pena que os demais rapaces da escola quedaran sin ver esta marabilla.

jueves, 18 de junio de 2020

GT: Xogamos aos dardos con Antía

Antía de 6º, ensínanos como practicar un xogo de puntería: os dardos. É moi divertido e de paso mellorades a vosa coordinación óculo-manual. 
Moitas grazas por explicárnolo tan ben. 
👌👌👌

GT: A toda velocidade con David

Moi boas rapazada!
A pesares de que este curso está chegando ao seu fin, seguimos recibindo vídeos de actividades deportivas que estades a facer nas vosas casas. Hoxe, David de 1º móstranos a súa pericia aos mandos do seu kart -patinete. 
Estamos ante o próximo Carlos Sáinz? 
Atentos. Gracias David. 

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.

GT: Alba, a multideportista

Ola nenos e nenas!
Hoxe publicamos 2 vídeos onde Alba, da clase de 1º nos demostra a súa destreza á hora de manexar a bici e tamén a súa capacidade para encestar canastas. A seguir así pequecha!
👏👏👏


jueves, 4 de junio de 2020

GT: Breixo, o judoka

Hoxe participa no Got Talent das Chans Breixo da clase de 2º, que nos vai facer unha exhibición dun dos deportes que practica. 


O judo é unha arte marcial con orixe no Xapón.
Procedente do jiu-jitsu, é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis e nelas dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derrubar o opoñente mediante diversas técnicas, como chaves ou cambadelas. 
Os practicantes, chamados judokas, visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

A pesares de ser un deporte de agarre e contacto a deportividade entre os contrarios é un dos seus grandes valores. Grazas pola aportación Breixo. 👏👏

GT: Adestramos na cinta con Noa

Noa de 3º envíanos este vídeo no que nos mostra como adestrou durante o confinamento coa cinta de correr. Agora que o bo tempo chegou, di que prefire facer activades deportivas ao aire libre e que quizais empregue esta máquina nos días de choiva. Parécenos unha estupenda idea! 
A seguir facendo kilómetros!
👏👏👏

martes, 2 de junio de 2020

GT: Un porteiro na casa

Manuel de 4º envíanos este vídeo onde nos ensina tódolos seus recursos para manter o nivel baixo paus durante o confinamento. Adestramentos onde  a velocidade de reacción, a resistencia aeróbica, a coordinación e a fexibilidade están sempre presentes. Moi bo traballo porteirazo!!!
👌👌👌

martes, 26 de mayo de 2020

GT de Habilidades: As acrobacias de Celia

A amiga Celia de 5º participa no Got Talent cunha espectacular actuación de danza aérea. Contede a respiración e marabilládevos coas piruetas que realiza con tan só o seu corpo e un tea. 👏👏👏

GT de Habilidades: Mencía e Pepe

A última actuación de hoxe é a realizada por Mencía e Pepe de 1º, que nos envían un vídeo facendo o que máis lle gusta: saltar na cama elástica. 

As tres propostas de hoxe gardan relación co circo. Será que a temática do Entroido deste ano deixou pegada? De Tremoedo ao Circo do Sol só hai un treito!
💥💥💥

viernes, 22 de mayo de 2020

GT: Coreo de Carla, Nico e Lucía

Máis coreografías que nos seguen chegando. 
Neste caso a deseñada por Lucía, Nico e Carla. 
Non vola perdades porque é espectacular!!! 
Moitas grazas polo esforzo e noraboa polo resultado!

martes, 19 de mayo de 2020

Got Talent: Manuel: un acróbata en potencia

Os máis peques da escola tamén se animan a participar nesta especial edición do concurso de talentos. Neste caso, Manuel de 3 anos, móstranos a súa habilidade para trepar polas costas do seu pai. Parece ser que o desfile de entroido deste ano calou fondo neste cativo. Espectacular!!! 

Got Talent: Coreografía de Andrea

Hoxe no Got Talent das Chans, presentamos a Andrea de 6º que nos trae unha impresionante coreografía. Seredes capaces de aprendela? 
A mover o esqueleto!!!

viernes, 15 de mayo de 2020

Got Talent Deportivo: Ciclismo




Iria Lusquiños de 4º,  envíanos estas fotos practicando ciclismo. Cóntanos que ata 20 kilómetros chegou a facer nestes días nos que xa podemos realizar deporte. A este ritmo igual a vemos na próxima Volta a España!!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

As Chans Got Talent

Como estades nenos e nenas de Tremoedo? 
Como sei que na escola se algo temos de sobra é moito talento, abro unha nova sección no blog na que necesito da vosa participación. 


Quen pode concursar? 
Tódolos nenos e nenas da escola. 

Como podo participar?
Enviando as fotos ou vídeos das vosas actuación ao whatsapp da escola: 
635 111 989.

As formas de facelo son variadas. 
Modalidades: 

1- Xogos con material de refugallo. 
Fotos e vídeos empregando xogos ou xoguetes creados por vos mesmos con materiais reciclados.

2- Vídeos nos que mostredes o voso talento 
- Bailando e/ou cantando.
- Realizando habilidades motrices como punterías, volteretas ou equilibrios. 
- Practicando xogos populares coma os bolos, trompos, zancos, canicas, etc.
- Practicando malabares, patinaxe, mountain bike, encestando ou calquera outra actividade relacionada coa educación física.

 3- Modalidade "Desafío". 
Consiste en que un neno ou nena da escola desafíe aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto que conseguiu facer. Seguro que nestes días vístedes moitísimos que podedes propoñer. 

Cando podo facer a miña actuación? 
Non hai prazo límite de entrega. Cada semana iranse publicando no  blog as actuacións que vaian chegando ata final de curso. 

Déixovos aquí os enlaces de publicacións anteriores para darvos algunhas ideas. 




Estade atentos a blog porque estes días irei colgando as propostas que vaian chegando. 
Animádevos a participar. 

Unha aperta enorme do profe Toño.