Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Deportivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Deportivas. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

GT: Xogamos aos dardos con Antía

Antía de 6º, ensínanos como practicar un xogo de puntería: os dardos. É moi divertido e de paso mellorades a vosa coordinación óculo-manual. 
Moitas grazas por explicárnolo tan ben. 
👌👌👌

GT: A toda velocidade con David

Moi boas rapazada!
A pesares de que este curso está chegando ao seu fin, seguimos recibindo vídeos de actividades deportivas que estades a facer nas vosas casas. Hoxe, David de 1º móstranos a súa pericia aos mandos do seu kart -patinete. 
Estamos ante o próximo Carlos Sáinz? 
Atentos. Gracias David. 

martes, 16 de junio de 2020

GT: Alba, a multideportista

Ola nenos e nenas!
Hoxe publicamos 2 vídeos onde Alba, da clase de 1º nos demostra a súa destreza á hora de manexar a bici e tamén a súa capacidade para encestar canastas. A seguir así pequecha!
👏👏👏


martes, 9 de junio de 2020

GT: Adrián e Eloy

Hoxe a cousa vai sobre rodas! Estes irmáns forman parte do Club Ciclista Ribadumia e mostran as súas habilidades practicando mountain bike no circuíto no que habitualmente adestran. A verdade é que parece moi divertido. Graciñas pola achega rapaces e a seguir dando pedaladas!!!

jueves, 4 de junio de 2020

GT: Breixo, o judoka

Hoxe participa no Got Talent das Chans Breixo da clase de 2º, que nos vai facer unha exhibición dun dos deportes que practica. 


O judo é unha arte marcial con orixe no Xapón.
Procedente do jiu-jitsu, é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis e nelas dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derrubar o opoñente mediante diversas técnicas, como chaves ou cambadelas. 
Os practicantes, chamados judokas, visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

A pesares de ser un deporte de agarre e contacto a deportividade entre os contrarios é un dos seus grandes valores. Grazas pola aportación Breixo. 👏👏

GT: Adestramos na cinta con Noa

Noa de 3º envíanos este vídeo no que nos mostra como adestrou durante o confinamento coa cinta de correr. Agora que o bo tempo chegou, di que prefire facer activades deportivas ao aire libre e que quizais empregue esta máquina nos días de choiva. Parécenos unha estupenda idea! 
A seguir facendo kilómetros!
👏👏👏

miércoles, 3 de junio de 2020

GT: O Pole Dance de Lucía

Lucía Varela de 4º, amósanos as súas habilidades realizando o deporte que practica habitualmente. 

O pole dance ou baile en barra é considerado unha arte escécnica que moitas escolas de ximnasia e danza ofertan hoxe en día, polo que esta actividade  está aumentando a súa popularidade.  

Un exemplo de baile en barra podémolo ver no Cirque du Soleil. Neste circo, os acróbatas realizan esta práctica que require de movementos que implican unha gran cantidade de forza e habilidade como nos demostra Lucía no vídeo que ides ver a continuación. Noraboa polo resultado!!!
👌👌👌

martes, 2 de junio de 2020

GT: Un porteiro na casa

Manuel de 4º envíanos este vídeo onde nos ensina tódolos seus recursos para manter o nivel baixo paus durante o confinamento. Adestramentos onde  a velocidade de reacción, a resistencia aeróbica, a coordinación e a fexibilidade están sempre presentes. Moi bo traballo porteirazo!!!
👌👌👌

GT: Piragüismo na casa

Hoxe as participantes no Got Talent  son Rita de 4º e Lucía de 2º, que nos mostran como adestran na casa a modalidade deportiva que practican: o piragüismo. As nosas amigas xa teñen moitas gañas de botar as súas canoas ao río, pero cando non poden deseñan circuítos coma o que podedes ver a continuación para non perder a forma. 
Moi bo adestramento rapazas!!! 
👏👏👏