Mostrando entradas con la etiqueta Coordinación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coordinación. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (1º, 2º e 3º)

Moi boas nenos e nenas!

Clicando sobre o vídeo podedes practicar a canción e a coreografía sobre a que imos elaborar o vídeoclip. Para uns artistas coma vós é pan comido. 

Tede coidado co ritmo porque é moi pegadizo. Unha vez que escoitedes esta canción non seredes capaces de quitala das vosas cabezas. 

A disfrutala!!!

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


lunes, 29 de junio de 2020

Semana dos Retos Físicos

Como o prometido é deuda aquí vos deixo un vídeo que resume a vosa participación na semana dos retos. Moitos parabéns polo voso esforzo e a seguir manténdose activos durante as vacacións do verán.
 Espero que vos guste.

lunes, 22 de junio de 2020

GT: O baile dos animais de Laura

Moi boas nenos e nenas!
Gardado nun caixón tiña este vídeo que me enviou Laura de 3 anos fai moito tempo. Fostedes tantos os que participastedes no Got Talent que quedara agochado. Sería unha pena que os demais rapaces da escola quedaran sin ver esta marabilla.

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.

lunes, 15 de junio de 2020

GT: Aprendemos as partes do corpo con Ainhoa

Ola nenos e nenas do San Bartolomé. 
Hoxe expoñemos a coreografía de Ainhoa da clase de 3 anos que seguro que todos recoñecedes. 
Difrutádea porque é espectacular!!!
👏👏👏

jueves, 4 de junio de 2020

GT: Breixo, o judoka

Hoxe participa no Got Talent das Chans Breixo da clase de 2º, que nos vai facer unha exhibición dun dos deportes que practica. 


O judo é unha arte marcial con orixe no Xapón.
Procedente do jiu-jitsu, é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis e nelas dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derrubar o opoñente mediante diversas técnicas, como chaves ou cambadelas. 
Os practicantes, chamados judokas, visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

A pesares de ser un deporte de agarre e contacto a deportividade entre os contrarios é un dos seus grandes valores. Grazas pola aportación Breixo. 👏👏

miércoles, 3 de junio de 2020

GT: Coreo en familia

Bo día talentosos e talentosas!!!
Hoxe participan no concurso Flavia de 5 anos, Manuel  de 4º e Eloy de 6º, que nos traen unha divertida coreografía feita en familia!!
Espectacular!!!

martes, 19 de mayo de 2020

Got Talent: Manuel: un acróbata en potencia

Os máis peques da escola tamén se animan a participar nesta especial edición do concurso de talentos. Neste caso, Manuel de 3 anos, móstranos a súa habilidade para trepar polas costas do seu pai. Parece ser que o desfile de entroido deste ano calou fondo neste cativo. Espectacular!!! 

Got Talent: Coreografía de Andrea

Hoxe no Got Talent das Chans, presentamos a Andrea de 6º que nos trae unha impresionante coreografía. Seredes capaces de aprendela? 
A mover o esqueleto!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

As Chans Got Talent

Como estades nenos e nenas de Tremoedo? 
Como sei que na escola se algo temos de sobra é moito talento, abro unha nova sección no blog na que necesito da vosa participación. 


Quen pode concursar? 
Tódolos nenos e nenas da escola. 

Como podo participar?
Enviando as fotos ou vídeos das vosas actuación ao whatsapp da escola: 
635 111 989.

As formas de facelo son variadas. 
Modalidades: 

1- Xogos con material de refugallo. 
Fotos e vídeos empregando xogos ou xoguetes creados por vos mesmos con materiais reciclados.

2- Vídeos nos que mostredes o voso talento 
- Bailando e/ou cantando.
- Realizando habilidades motrices como punterías, volteretas ou equilibrios. 
- Practicando xogos populares coma os bolos, trompos, zancos, canicas, etc.
- Practicando malabares, patinaxe, mountain bike, encestando ou calquera outra actividade relacionada coa educación física.

 3- Modalidade "Desafío". 
Consiste en que un neno ou nena da escola desafíe aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto que conseguiu facer. Seguro que nestes días vístedes moitísimos que podedes propoñer. 

Cando podo facer a miña actuación? 
Non hai prazo límite de entrega. Cada semana iranse publicando no  blog as actuacións que vaian chegando ata final de curso. 

Déixovos aquí os enlaces de publicacións anteriores para darvos algunhas ideas. 




Estade atentos a blog porque estes días irei colgando as propostas que vaian chegando. 
Animádevos a participar. 

Unha aperta enorme do profe Toño.  

martes, 17 de marzo de 2020

Reto dos dedos tolos!

Como vos avanzei, irei deixando por aquí algunhas actividades, retos ou tarefas para que, si vos parece, poñades en práctica estes días. Comezamos co reto dos dedos tolos, que mellorará a vosa coordinación, a concentración e a lateralidade. A que esperades para retar as vosas familias?


Se consiguedes superar este reto, déixovos este vídeo de ximnasia cerebral na que atoparedes máis retos e sigades mellorando a coordinación disociada. Gustaríame que participaredes nos comentarios, así que xa me contaredes se vos resultaron difícles ou doados. Unha aperta!