viernes, 9 de abril de 2021

QUILÓMETROS DE SAÚDE

QUE IMOS FACER? 

A actividade consiste en realizar semanalmente e durante a xornada lectiva, andainas pola variante espiritual do Camiño de Santiago.

CALES SON OS OBXECTIVOS DA PROPOSTA?

- Aumentar o nivel de actividade física do alumnado, que se viu mermado polas restricións derivadas da pandemia. 

- Favorecer hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual: a obesidade e o sedentarismo. 

- Motivar ao alumnado a superarse semana a semana, mellorando a súa autoestima e autoconcepto.

- Promover actividades físicas e lúdicas no exterior, cumprindo cos protocolos sanitarios establecidos.

- Valorar o patrimonio cultural e natural da contorna ao tempo que se traballa o Camiño de Santiago, que forma parte do PDI da escola para este curso.

QUE DÍA/-S IMOS CAMIÑAR?

- 5 Anos e 1º de Primaria: XOVES.

- 2º, 3º e 4º de Primaria: LUNS e MÉRCORES.

- 5º e 6º de Primaria: MARTES e VENRES.

MATERIAL NECESARIO:

- Chándal e/ou roupa para realizar actividade física.

- Débese prestar especial atención a que o calzado e zapatillas deportivas sexan adecuadas.

- Botella de auga.

- Camiseta de recambio.

- Gorra e crema solar, especialmente nos días moi solleiros.