Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (1º, 2º e 3º)

Moi boas nenos e nenas!

Clicando sobre o vídeo podedes practicar a canción e a coreografía sobre a que imos elaborar o vídeoclip. Para uns artistas coma vós é pan comido. 

Tede coidado co ritmo porque é moi pegadizo. Unha vez que escoitedes esta canción non seredes capaces de quitala das vosas cabezas. 

A disfrutala!!!

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


martes, 30 de junio de 2020

Recomendacións Verán 2020

Para rematar este curso tan particular, déixovos unha mensaxe que gravei para os nenos e nenas de 3º, pero que fago extensible a todos os rapaces e rapazas da escola. 
Noraboa a todos polo voso esforzo.
Os mestres da escola botámosvos moito de menos. En setembro vémonos con máis gañas ca nunca. 
Unha aperta enorme mouchanciños/as.!!!

lunes, 29 de junio de 2020

Semana dos Retos Físicos

Como o prometido é deuda aquí vos deixo un vídeo que resume a vosa participación na semana dos retos. Moitos parabéns polo voso esforzo e a seguir manténdose activos durante as vacacións do verán.
 Espero que vos guste.

lunes, 22 de junio de 2020

GT: O baile dos animais de Laura

Moi boas nenos e nenas!
Gardado nun caixón tiña este vídeo que me enviou Laura de 3 anos fai moito tempo. Fostedes tantos os que participastedes no Got Talent que quedara agochado. Sería unha pena que os demais rapaces da escola quedaran sin ver esta marabilla.

jueves, 18 de junio de 2020

GT: Xogamos aos dardos con Antía

Antía de 6º, ensínanos como practicar un xogo de puntería: os dardos. É moi divertido e de paso mellorades a vosa coordinación óculo-manual. 
Moitas grazas por explicárnolo tan ben. 
👌👌👌

GT: A toda velocidade con David

Moi boas rapazada!
A pesares de que este curso está chegando ao seu fin, seguimos recibindo vídeos de actividades deportivas que estades a facer nas vosas casas. Hoxe, David de 1º móstranos a súa pericia aos mandos do seu kart -patinete. 
Estamos ante o próximo Carlos Sáinz? 
Atentos. Gracias David. 

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.

GT: Alba, a multideportista

Ola nenos e nenas!
Hoxe publicamos 2 vídeos onde Alba, da clase de 1º nos demostra a súa destreza á hora de manexar a bici e tamén a súa capacidade para encestar canastas. A seguir así pequecha!
👏👏👏


lunes, 15 de junio de 2020

GT: Aprendemos as partes do corpo con Ainhoa

Ola nenos e nenas do San Bartolomé. 
Hoxe expoñemos a coreografía de Ainhoa da clase de 3 anos que seguro que todos recoñecedes. 
Difrutádea porque é espectacular!!!
👏👏👏

martes, 9 de junio de 2020

GT: Adrián e Eloy

Hoxe a cousa vai sobre rodas! Estes irmáns forman parte do Club Ciclista Ribadumia e mostran as súas habilidades practicando mountain bike no circuíto no que habitualmente adestran. A verdade é que parece moi divertido. Graciñas pola achega rapaces e a seguir dando pedaladas!!!

jueves, 4 de junio de 2020

GT: Breixo, o judoka

Hoxe participa no Got Talent das Chans Breixo da clase de 2º, que nos vai facer unha exhibición dun dos deportes que practica. 


O judo é unha arte marcial con orixe no Xapón.
Procedente do jiu-jitsu, é practicado sobre esteiras especiais chamadas tatamis e nelas dous loitadores intentan aproveitar a forza do contrario no seu beneficio para derrubar o opoñente mediante diversas técnicas, como chaves ou cambadelas. 
Os practicantes, chamados judokas, visten un equipamento de algodón branco, composto por unha chaqueta, un pantalón e un cinto. A cor do cinto indica a graduación do judoka.

A pesares de ser un deporte de agarre e contacto a deportividade entre os contrarios é un dos seus grandes valores. Grazas pola aportación Breixo. 👏👏

GT: Adestramos na cinta con Noa

Noa de 3º envíanos este vídeo no que nos mostra como adestrou durante o confinamento coa cinta de correr. Agora que o bo tempo chegou, di que prefire facer activades deportivas ao aire libre e que quizais empregue esta máquina nos días de choiva. Parécenos unha estupenda idea! 
A seguir facendo kilómetros!
👏👏👏

miércoles, 3 de junio de 2020

GT: O Pole Dance de Lucía

Lucía Varela de 4º, amósanos as súas habilidades realizando o deporte que practica habitualmente. 

O pole dance ou baile en barra é considerado unha arte escécnica que moitas escolas de ximnasia e danza ofertan hoxe en día, polo que esta actividade  está aumentando a súa popularidade.  

Un exemplo de baile en barra podémolo ver no Cirque du Soleil. Neste circo, os acróbatas realizan esta práctica que require de movementos que implican unha gran cantidade de forza e habilidade como nos demostra Lucía no vídeo que ides ver a continuación. Noraboa polo resultado!!!
👌👌👌

GT: Coreo en familia

Bo día talentosos e talentosas!!!
Hoxe participan no concurso Flavia de 5 anos, Manuel  de 4º e Eloy de 6º, que nos traen unha divertida coreografía feita en familia!!
Espectacular!!!

martes, 2 de junio de 2020

GT: Un porteiro na casa

Manuel de 4º envíanos este vídeo onde nos ensina tódolos seus recursos para manter o nivel baixo paus durante o confinamento. Adestramentos onde  a velocidade de reacción, a resistencia aeróbica, a coordinación e a fexibilidade están sempre presentes. Moi bo traballo porteirazo!!!
👌👌👌

GT: Piragüismo na casa

Hoxe as participantes no Got Talent  son Rita de 4º e Lucía de 2º, que nos mostran como adestran na casa a modalidade deportiva que practican: o piragüismo. As nosas amigas xa teñen moitas gañas de botar as súas canoas ao río, pero cando non poden deseñan circuítos coma o que podedes ver a continuación para non perder a forma. 
Moi bo adestramento rapazas!!! 
👏👏👏

jueves, 28 de mayo de 2020

GT de refugallo: O ratiño de Diego

Hoxe, no Got Talent de Refugallos presentamos a creación de Diego de 1º. Neste caso, trátase dun divertido ratiño co que podedes crear e imaxinar fantáticas historias ou facer espectáculos de títeres. 
Déixovos no seguinte vídeo a explicación sobre a construcción do ratiño. Se queredes tamén podedes facer outros animais ou persoaxes. 
Moitísimas gracias pola túa aportación Diego. 
👏👏👏

GT: O reto da "Lambretta" de Brais

O futboleiro de Brais (5º) reta aos amigos e amigas e amigas do cole a realizar unha "Lambretta". 
Aínda que tamén sexa unha marca de motocicletas o que ides ver a continuación non ten nada que ver. 
Este  xesto técnico, rara vez empregado no fútbol, foi popularizado no seu día por Djalminha, xogador que militaba no Deportivo da Coruña arredor do ano 2000. Actualmente xogadores como Neymar empregan este recurso nalgunhas ocasións. 
Polo visto nas imaxes o noso amigo Brais non ten nada que envexar.
👌👌👌

martes, 26 de mayo de 2020

GT de Refugallo: A cometa de Aitana

Hoxe Aitana de 3º ensínanos como fabricar unha bonita cometa para empregar nestes marabillosos días de sol e algo de vento. Animádevos a facelas!!!