Moi boas rapazada!!! Que tal a fin de semana? Espero que a aproveitarades para cargar ben as pilas e afrontar con enerxía a semana que entra. Comezamos cos retos semanais.
Imos comezar repasando as divisións cunha cifra no divisor.
Intenta agora poñer en práctica o explicado no vídeo. Por suposto, si che resulta máis doado podes facelo escribindo a resta. En matemáticas "tódolos camiños levan a Roma".
Agora pídoche por favor que axudes a Matías a recuperar as súas facturas. Antes de poñerte a facer cáculos, asegurate de ler varias veces cada unha das facturas para analizar como investigar eses números.
Por último, quero que vos convirtades nuns expertos en voleibol. Para iso preciso que analicedes toda a información do cadro e logo respostedes a estas preguntas. Recoméndovos que contestedes a estas na libreta e se o necesitades fagades algúns cálculos nun papel "sucio" antes de dar as vosas respostas.
Que vos parece se á volta implantamos este deporte nos recreos do cole?
Coma sempre vos digo, se tedes calquera dúbida contactade comigo para aclarala. Moito ánimo rapaces.
Esta semana propóñovos como reto matemático a resolución de sudokus. Para os que non os coñezades ou non recordedes como se xoga, mirade con atención estes 2 vídeos que vos dan algunhas claves sobre como resolvelos. Se tedes dúbidas sempre podedes preguntarme a min ou as vosos pais e nais.
Vídeo - titorial Sudoku 4x4
Vídeo - titorial Sudoku 9x9
Agora tratade de resolver os que vos deixo comezando polos de 4 cifras, xa que son moito máis doados. Xa me contaredes se vos gustaron. Disfrutade moito da semana equipo de 3º, unha aperta enorme.
Benvidos ao blog unha semana máis. Agardo que aproveitarades a fin de semana para xogar, saír a pasear, montar en bicicleta, patinar ou facer algo de exercicio. Seguro que vos vai vir fenomenal para que os vosos cerebros traballen mellor si cabe.
Con esta finalidade, comezamos a semana cos retos de activación mental. Moito ánimo equipo de 3º.
Espero que vos prestara poder saír a pasear ou xogar fóra da casa, aínda que só fose unha horiña.
Comezamos co reto semanal e logo déixovos as tarefas de mates. Non esquezades tampouco de enviar a vosa foto ou vídeo para participar na conmemoración dos Maios ao WhatsApp da escola: 635 111 989.
Os mestres voltamos coas baterías cargadas para superar todo o que se nos poña por diante. Por iso, fixemos este vídeo para darvos folgos e para que sigades facendo as cousas igual de ben que ata agora. Espero que vos guste.
Déixovos por aquí unha proposta para organizar a semana. Agardo que vos sexa de axuda e vos permita levar do mellor xeito posible estes días sen saír da casa.
Moito ánimo familias!!!
Hora
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
9 :00
HIXIENE
PERSOAL E ALMORZO
Pasar o día na casa non debe implicar estar sempre en pixama!
Comeza o día realizando un
almorzo saudable. Como terás máis tempo, é bo momento para probar novos
alimentos.
10:00
TAREFAS
ESCOLARES
Recorda que non estamos de vacacións e cada un de nós debe realizar as súas obrigas.
Fainas
sempre no mesmo lugar, concentrado e se tes dúbidas os profes trataremos de
aclaralas dende a distancia.
12:00
EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA
É o momento de activarnos con algunhas das tarefas, actividades e xogos que poderedes encontrar no
blog.
Toca cooperar na realización das tarefas domésticas.
Agora
pasaremos máis tempo na casa polo que debemos ser máis responsables á hora de
facer a cama, ordear a casa, poñer e recoller a mesa, realizar tarefas no
xardín, etc.
14:00
COMIDA
Recorda que alimentarte ben é moi importante, por iso inclúe na túa
dieta auga e moitas froitas e verduras.
15:30
TAREFAS
ESCOLARES (II)
Despois de descansar un chisco, segue coas tarefas pendentes. Toca
seguir aprendendo!
Tamén podes ler libros, tocar
algún instrumento, bailar, facer manualidades, pintar ou debuxar.
17:30
MERENDA
No blog
deixareivos algunhas ideas saudables, que fagan as vosas merendas máis
nutritivas e divertidas.
18:30
XOGO e
TEMPO LIBRE
Desfruta
daquilo que máis che gusta e intenta non abusar das pantallas.
19:30
HIXIENE
PERSOAL
É o
momento de asearse e darse unha refrescante ducha.
20:30
CEA e a
DESCANSAR
Despois de
cear repousa tranquilamente e quizais sexa o intre adecuado para relaxarte lendo
un dos teus libros favoritos.
Unha vez que confirme que tódalas familias recibístedes a información por ABALAR, colgarei nesta web a proposta de actividades a desenvolver durante estes días. Para calquera consulta tedes o meu correo electrónico. Moitísimo ánimo, paciencia e a coidarse. Un saúdo.