Esta semana propóñovos tarefas nas que tedes que "darlle ao coco".
1- Para a primeira delas ides a necesitar un metro ou cinta métrica, unha folla cuadriculada (o máis grande posible), un lapis e unha goma. Botádelle un ollo a este vídeo que vos dará pistas sobre o que tedes que facer.
Imos ir pouco a pouco, así que para comezar ides a representar na folla cuadriculada a vosa habitación tendo en conta as medidas das paredes, da cama, das mesiñas, do armario e dos obxectos que teñades nela. Para que esta representación sexa proporcional, tomade como referencia que cada cadriño son 10 centímetros (1 cadro=10cm).
Vai ser importante que vaiades comprobando que as distancias entre obxectos son as que medistedes co metro e que fagades múltiplos do 10 constantemente. Por exemplo: se a cama mide 120 cm teredes que empregar 12 cadriños.
Unha vez feito, podédelo decorar ao voso gusto ou animarse a representar outras estancias da casa.
2- O segundo conxunto de tarefas teñen que ver con contidos xa tratados e coa resolución de problemas. Collede agora as libretas e facede os exercicios da Páxina 90 (Exercicios 8, 9 e 10) e os problemas da Páxina 93 (7, 8, 9, 10 e 11). Recorda ler con calma o problema, facer unha segunda lectura se non se entendeu ben e logo identificar os datos que necesitas para resolvelo.
Non teñas presa, tes todo o tempo do mundo!!!
Moito ánimo e recorda que se tes dúbidas, estou aquí para resolvelas.
Unha forte aperta! Toño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario