Unha vez que realicedes os pequenos retos de activación mental, é hora de seguir practicando e repasando algúns contidos xa tratados na aula.
* A 1ª proposta consiste en resolver estas sinxelas multiplicacións para investigar o nome destes paxaros.
Moi doado, non si?
* Pasamos agora á 2ª proposta.
Colle a libreta, pon a data e inventa 4 multiplicacións seguindo as indicacións:
-1 multiplicación na que un factor sexan centenas (456 por exemplo) e o outro factor decenas (26 por exemplo).
456 X 26=
- 1 multiplicación na que un factor conteña centenas e o outro factor unidades de millar.
- 1 multiplicación na que un factor sexan decenas de millar e o outro factor decenas.
- 1 multiplicación de un número de 4 cifras por outro de 3 cifras.
Unha vez inventadas, colócaas, resólveas e pide axuda, si é necesario, para comprobar o resultado na calculadora (a do móbil tamén vale).
* A 3ª proposta consiste en resolver quen foi o gañador dun torneo de fútbol sala celebrado nos recreos entre as clases de 3ºA e 3ºB.
Recorda que para unha correcta resolución debes ler detidamente tódolos datos, analizar posibles respostas e logo poñerse mans á obra.
Resolve todas estas cuestións na libreta.
Moito ánimo e se tes dúbidas estou aquí para o que necesites.
<