martes, 18 de mayo de 2021

Xogamos ao Mini - Golf na casa

Moi boas nenos e nenas. 

Para axudarvos a pasar mellor estes días e non deixar de practicar deportes invítovos a que me soprendades coas vosas creacións. 

Nos vídeos que podedes ver a continuación déixovos algunhas ideas para que practiquedes no voso Mini -Golf o deporte que estabamos e estamos a traballar estas semanas na escola. 

Sobra dicir que estas tarefas non son só para os que estades na casa senón que calquera que o desexe pode enviar as súas creacións mediante fotos e/ou vídeos ao correo electrónico (oprofedeedufisica@gmail.com) ou facelo a través da aula virtual. 


Creación de pau e Mini - Golf 1



Creación de pau e Mini - Golf 2


Creación de pau e de pelotas



Xogos para practicar o golf. 

Neste último vídeo tedes unha sesión de golf na casa para poñer en práctica a vosa puntería e as vosas habilidades  á hora de embocar a bola no burato. Se tedes patio exterior as posibilidades  aumentan. 


Espero que vos guste e que estedes pasando estes días o mellor posible.
Moito ánimo que xa non queda nada para tervos de volta.

Unha aperta, Profe Toño.

lunes, 17 de mayo de 2021

En Tremoedo xogamos ao Golf

A través do programa XOGADE, o noso centro vai participar este curso na actividade de golf escolar. 


O colofón ás actividades que se desenvolverán dende a área de Educación Física, será a práctica deste deporte nas instalacións do Campo de Golf de Meis por parte dos escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Debido á situación dalgúns alumnos e alumnas, propóñovos  algunhas actividades para que coñezades e practiquedes este deporte mentres facedes o confinamento.


Na seguinte publicación tedes tódolos detalles.

viernes, 14 de mayo de 2021

Vídeo percorrido 5º e 6º

 Moi boas rapaces e rapazas!

Aquí vos deixo un pequeno vídeo da andaina realizada o venres. 

Epero que vos guste.

Preme aquí se non eres quen de visualizalo. 

Un saúdo.











lunes, 3 de mayo de 2021

PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO...

Moi boas camiñantes!

Aquí tedes o resumo dos quilómetros que fixemos nas primeiras andainas realizadas. Agardamos que o mes de maio nos acompañe cunha mellor climatoloxía para seguir sumando quilómetros e conseguir a "CHANSPOSTELA". Se aínda non sabes do que che falo consúltao co teu mestre ou mestra máis cercano. Un saúdo e a camiñar!!!

viernes, 9 de abril de 2021

QUILÓMETROS DE SAÚDE

QUE IMOS FACER? 

A actividade consiste en realizar semanalmente e durante a xornada lectiva, andainas pola variante espiritual do Camiño de Santiago.

CALES SON OS OBXECTIVOS DA PROPOSTA?

- Aumentar o nivel de actividade física do alumnado, que se viu mermado polas restricións derivadas da pandemia. 

- Favorecer hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual: a obesidade e o sedentarismo. 

- Motivar ao alumnado a superarse semana a semana, mellorando a súa autoestima e autoconcepto.

- Promover actividades físicas e lúdicas no exterior, cumprindo cos protocolos sanitarios establecidos.

- Valorar o patrimonio cultural e natural da contorna ao tempo que se traballa o Camiño de Santiago, que forma parte do PDI da escola para este curso.

QUE DÍA/-S IMOS CAMIÑAR?

- 5 Anos e 1º de Primaria: XOVES.

- 2º, 3º e 4º de Primaria: LUNS e MÉRCORES.

- 5º e 6º de Primaria: MARTES e VENRES.

MATERIAL NECESARIO:

- Chándal e/ou roupa para realizar actividade física.

- Débese prestar especial atención a que o calzado e zapatillas deportivas sexan adecuadas.

- Botella de auga.

- Camiseta de recambio.

- Gorra e crema solar, especialmente nos días moi solleiros.

martes, 19 de enero de 2021

Os ioguis e ioguinis de Tremoedo

Aquí tedes unha pequena mostra do que os nosos pequenos e pequenas  son capaces de facer. 

Namasté!


miércoles, 23 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL 2020

Moi boas mouchanciños e mouchanciñas!

Déixovos por aquí as actuacións realizadas no festival virtual dende a área de EF.

Noraboa a todos e todas porque fixéstedelo fenomenal. 

Disfrutade dos vídeos e bo nadal! 

INFANTIL: 3 e 4 ANOS.



INFANTIL: 5 ANOS.




1º, 2º e 3º PRIMARIA



4º , 5º e 6º PRIMARIA





viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (1º, 2º e 3º)

Moi boas nenos e nenas!

Clicando sobre o vídeo podedes practicar a canción e a coreografía sobre a que imos elaborar o vídeoclip. Para uns artistas coma vós é pan comido. 

Tede coidado co ritmo porque é moi pegadizo. Unha vez que escoitedes esta canción non seredes capaces de quitala das vosas cabezas. 

A disfrutala!!!

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


miércoles, 21 de octubre de 2020

O PARKOUR

Moi boas rapazada! Aquí vos deixo algún dos vídeos que mostran e explican algúns dos trucos que realizamos estes días na escola. Botádelle un ollo para refrescar a memoria e ver outros trucos que imos a realizar na vindeira sesión. 

Recordade que o parkour é un deporte seguro, ao igual que calquera outro, sempre que respetemos e tomemos as medidas de seguridade necesarias. 

O importante é progresar pouco a pouco, sempre do fácil ao difícil e autosuperándonos. Moito ánimo!