miércoles, 23 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL 2020

Moi boas mouchanciños e mouchanciñas!

Déixovos por aquí as actuacións realizadas no festival virtual dende a área de EF.

Noraboa a todos e todas porque fixéstedelo fenomenal. 

Disfrutade dos vídeos e bo nadal! 

INFANTIL: 3 e 4 ANOS.



INFANTIL: 5 ANOS.




1º, 2º e 3º PRIMARIA



4º , 5º e 6º PRIMARIA





viernes, 11 de diciembre de 2020

Festival Virtual 2020 (1º, 2º e 3º)

Moi boas nenos e nenas!

Clicando sobre o vídeo podedes practicar a canción e a coreografía sobre a que imos elaborar o vídeoclip. Para uns artistas coma vós é pan comido. 

Tede coidado co ritmo porque é moi pegadizo. Unha vez que escoitedes esta canción non seredes capaces de quitala das vosas cabezas. 

A disfrutala!!!

Festival Virtual 2020 (4º, 5º e 6º)

Moi boas rapaces e rapazas da escola!
 
Como acordamos na clase de onte, aquí vos deixo a coreografía sobre a que estamos a traballar. Recordade ir pouco a pouco, paso a paso e progresando de forma gradual. 
 
Poñédelle moito ritmo, entusiasmo, enerxía e moito ánimo!!!


miércoles, 21 de octubre de 2020

O PARKOUR

Moi boas rapazada! Aquí vos deixo algún dos vídeos que mostran e explican algúns dos trucos que realizamos estes días na escola. Botádelle un ollo para refrescar a memoria e ver outros trucos que imos a realizar na vindeira sesión. 

Recordade que o parkour é un deporte seguro, ao igual que calquera outro, sempre que respetemos e tomemos as medidas de seguridade necesarias. 

O importante é progresar pouco a pouco, sempre do fácil ao difícil e autosuperándonos. Moito ánimo!

 

 


martes, 30 de junio de 2020

Recomendacións Verán 2020

Para rematar este curso tan particular, déixovos unha mensaxe que gravei para os nenos e nenas de 3º, pero que fago extensible a todos os rapaces e rapazas da escola. 
Noraboa a todos polo voso esforzo.
Os mestres da escola botámosvos moito de menos. En setembro vémonos con máis gañas ca nunca. 
Unha aperta enorme mouchanciños/as.!!!

lunes, 29 de junio de 2020

Semana dos Retos Físicos

Como o prometido é deuda aquí vos deixo un vídeo que resume a vosa participación na semana dos retos. Moitos parabéns polo voso esforzo e a seguir manténdose activos durante as vacacións do verán.
 Espero que vos guste.

lunes, 22 de junio de 2020

GT: O baile dos animais de Laura

Moi boas nenos e nenas!
Gardado nun caixón tiña este vídeo que me enviou Laura de 3 anos fai moito tempo. Fostedes tantos os que participastedes no Got Talent que quedara agochado. Sería unha pena que os demais rapaces da escola quedaran sin ver esta marabilla.

jueves, 18 de junio de 2020

GT: Xogamos aos dardos con Antía

Antía de 6º, ensínanos como practicar un xogo de puntería: os dardos. É moi divertido e de paso mellorades a vosa coordinación óculo-manual. 
Moitas grazas por explicárnolo tan ben. 
👌👌👌

GT: A toda velocidade con David

Moi boas rapazada!
A pesares de que este curso está chegando ao seu fin, seguimos recibindo vídeos de actividades deportivas que estades a facer nas vosas casas. Hoxe, David de 1º móstranos a súa pericia aos mandos do seu kart -patinete. 
Estamos ante o próximo Carlos Sáinz? 
Atentos. Gracias David. 

martes, 16 de junio de 2020

1 Día, 1 Reto

Queridos nenos e nenas da escola, chegamos á derradeira semana dun curso que nunca esqueceremos. 

Para "celebrar" este particular fin de curso propóñovos unha actividade na que me gustaría contar coa vosa colaboración para facer unha pequena montaxe con tódolos vídeos e fotos que me enviedes. 

Nos vídeos que vos deixo a continuación tedes retos de tódalas cores que podedes levar a cabo durante esta semana. Hai unha morea deles. Ti escolle cada día polo menos un deles, gravate realizándoo  e envíao ao whatsapp da escola: 635 11 19 89.






Para os máis peques do cole déixovos este vídeo onde se mostran exercicios e xogos de psicomotricidade que podedes facer nas vosas casas. 

Estas son as tarefas desta última semana. 
Espero que as disfrutedes. 
Unha aperta enorme do profe Toño.